Toponimízate, a campaña da RAG e a Secretaría da Lingua, chega á Illa de Arousa e á Arnoia

14 Outubro 2024

A campaña da Real Academia Galega (RAG) Toponimízate, impulsada en colaboración coa Secretaría da Lingua, chega esta semana á Arnoia e á Illa de Arousa. A charla sobre como empregar a aplicación Galicia Nomeada para a recolla e xeolocalización de nomes de montes, leiras e outros microtopónimos dende o teléfono móbil terá lugar no concello ourensán este mércores 16 de outubro (ás 12 horas) no salón de actos da Cooperativa do Pemento da Arnoia.

Será un encontro interxeracional que contará co alumnado e o profesorado do CEIP San Salvador, usuarios do Centro do Maior e a veciñanza arnoiá. A campaña proseguirá o venres 18 de outubro (ás 11 horas) cunha sesión encamiñada ao alumnado da ESO do IES da Illa de Arousa no salón de plenos do municipio pontevedrés.

Indo á cita da Arnoia, dicir que contará coa presenza do alcalde Rodrigo Aparicio Santamaría e será presentada pola técnica da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Bárbara Carballeira. Da presentación da sesión da Illa de Arousa encargaranse a concelleira de Educación e Mar, Elena Otero Otero, e a profesora Helena Domínguez.

Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada e da unidade técnica de toponimia do Seminario de Onomástica, impartirá ambos os relatorios, nos que o público aprenderá tamén a orixe e o significado dos nomes dos seus concellos e parroquias, unha información elaborada coa colaboración do académico de número e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.

Dáse a casualidade de que os nomes dos concellos que visitará Toponomízate a semana que vén, A Arnoia e A Illa de Arousa, poden compartir orixe etimolóxica: segundo o lingüista Edelmiro Bascuas, os dous son hidrónimos derivados da raíz indoeuropea *er ‘moverse’, a través dun tema Arn- no caso de Arnoia, tamén presente noutros topónimos como Navia de Suarna; e a través do tema Arau- no de Arousa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...