Unha nova promoción da Policía Infantil ribeirense formada por 25 axentes e 4 monitores

05 Xullo 2019

20190705. A 24ª promoción da Policía Infantil de Ribeira quedou oficialmente constituída tras a entrega das súas credenciais ás 12 novas incorporacións rexistradas este verán e que elevan ata 29 o seu número de membros: 25 axentes e 4 monitores. Unha cifra récord, segundo remarcou o cabo responsable deste grupo, José Andrés Alonso.

O salón de plenos do Consistorio serviu unha vez máis como acto de presentación deste corpo de policía baixo a presenza do alcalde Manuel Ruiz, dos concelleiros Víctor Reiriz e María Sampedro, do xefe da Policía Local José Manuel Bretal e do propio José Andrés Alonso, así como proxenitores e familiares que quixeron estar presentes neste momento coa constitución dun corpo de policía que é o corolario ás clases de educación viaria impartidas durante o curso.

Despois da entrega de credenciais e a tradicional foto de familia, a veciñanza puido asistir á demostración realizada na Casa do Concello.

Os novos axentes son Alba Gude Lampón, Marta Martínez Estévez, Ebony Pérez Samuel, Paula Crujeiras Sampedro, Paula García Vizcaya, Oumkaltoum Tiyib Siar, Amina Boumara Farhane, Esther Caldas Novo, Dina Caldas Novo, Delia Alfonso Nastasia, Adam Chhain Filuj e Juan Castro Campaña.

Ademais, repiten Lucía Torres Paz, Paula Barreiro Besada, Alba González Arestín, Raquel Martínez López, Rocio Pego Martínez, Alberto Lens Sobrido, María López Franco, Laura Daniela Francisco Cárdenas, Tomasa Franco Martínez, Francisco Fernández González, David Santos Luengo, Pablo González Montes e Daniela Sampedro Pérez.

Finalmente, os monitores serán María Elena Hermida Zapata, Kamal Chhain, Brais Abraldes Prol e Dominik Baptista.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.