O día 1 de novembro o termo rianxeiro acollerá a X Carreira Popular Concello de Rianxo. Para participar temos até o 28 de outubro para inscribirnos, a través da ligazón habilitada na web de Emesports. Esta proba, organizada polo Concello e máis o Club Atletismo Rianxo, forma parte dos seguintes circuítos:
-X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
-VII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte:Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Hai tres categorías: absoluta, escolares e sapatilla inclusiva.




