Kirk deixa un ronsel de incidencias e as enchentes do Tins e do Traba provocan asolagamentos

09 Outubro 2024

Entre as moitas incidencias (das que fomos dando conta neste medio co paso das horas) que provocou o furacán Kirk ao seu paso polo Barbanza figuran varios importantes asolagamentos nas zonas de Outes, de Porto do Son e de Noia, e tamén en Lousame. O furacán, que tivo o pico de intensidade nesta madrugada e na primeira hora da mañá, cebouse con instalacións como o pavillón do instituto de Porto do Son, derrubando unha parede lateral do pavillón deportivo sen que houbese danos persoais e provocando que os bloques quedaran ciscados pola superficie exterior, sumándose ao longo da madrugada outros elementos do pavillón. As clases foron suspendidas e así llelo fixo saber a dirección do centro ás familias a través da aplicación Abalar.

O pavillón do instituto do Son derrubado nunha imaxe da TVG

En Outes Kirk cebouse co Colexio da Serra, onde tamén foi preciso cancelar a actividade docente por mor do anegamento sufrido polo centro, cunha enchente no andar baixo do mesmo que provocou numerosos danos materiais coa mala sorte de que o colexio fora obxecto, recentemente, dunha importante reforma. O asolagamento veu motivado pola enchente do río Tins, que discorre moi próximo e que rebordou coa intensidade das chuvias, afectando a varias vivendas e propiedades da Serra. En Noia o Traba tamén xerou inquietude entre a veciñanza, sobre todo na contorna dos muíños de Pedrachán, nas proximidades xa do centro histórico. A maiores, rexistráronse cortes de luz nos concellos de Noia, Lousame e parte de Porto do Son, e foi preciso cortar o corredor de Noia-Santiago por un corremento de terra á altura de San Xusto.

O Traba ao seu paso por Pedrachán

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.