Kirk sopra a 130 qm/h en Lousame e acumula máis de 184 l/m2 en Rois. Caeu un dos laterais do pavillón deportivo do instituto de Porto do Son e o Te en Rianxo a punto de desbordarse. Sin tren desde Padrón

09 Outubro 2024

sta noite derrubouse parte do tellado do Conservatorio de Santiago e voaron varios teitos en Vigo; tamén este martes caeu un dos laterais do pavillón deportivo do instituto da localidade coruñesa de Porto do Son, onde hoxe non haberá clase. A circulación do tren quedou suspendida entre Padrón e Escravitude pola caída dunha arbore.

Caeron árbores en estradas como a AP-9, a A-52 ou a AG-56, en cidades como Pontevedra e en concellos como os coruñeses de Muros e Lousame. O Te en Rianxo está a piques de desbordarse.

Corrubedo

A borrasca Kirk xa se deixa notar en Galicia. Toda o país permanece en aviso laranxa, que ascende ata vermello por mar de vento na costa de Pontevedra. A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) rexistrou 55 incidencias entre a medianoite e as 5 da mañá.

Á espera de que chegue o peor, Kirk xa deixa árbores caídas, que provocaron polo menos un accidente de tráfico na A-52 en Vigo e o corte da vía férrea entre Padrón e A Escravitude pola caída de árbores na liña, voos e transporte marítimo cancelados e ríos a piques de rebordar, coma o Verdugo en Ponte Caldelas ou o Belelle en Neda. Ademais, un dos carrís da Autovía de Marín está cortado pola preamar.

Ademais, os fortes refachos de vento derrubaron parte do polideportivo do instituto de Porto do Son, que tivo que cancelar as clases. Tamén permanecen pechados os parques e quedan canceladas todas as actividades ao aire libre, mesmo as festas do San Froilán en Lugo.

A borrasca rexistra un refacho máximo de case 167 km/h no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na estación que Meteogalicia ten a 1.600 metros de altitude; alí rexistrouse outro este martes duns 160 km/h.

Na zona da costa de morte, en Vimianzo, chegaron aos 149. En Muras, Lugo, o refacho máximo foi de 141 km/h e en Cabeza de Manzaneda 134. 

Meteogalicia ten activado un aviso laranxa en toda a comunidade autónoma ata as 12 h por refachos de entre 100/140 km/h. A AEMET sitúaos na contorna dos 100 entre as 8 h e as 14 h.

E chaman tamén a atención os datos da chuvia acumulada desta hora. O lugar onde máis se recolleu foi no concello de Rois, con 184 litros por metro cadrado. Por baixo e roldando os 160 litros estarían Lousame (163) e Forcarei (con 160), e xa con valores máis baixos pero aínda importantes, destacamos o concello ourensán de Entrimo, que leva acumulados 130 litros por metro cadrado. 

No mar, o peor agárdase nas Rías Baixas, onde Meteogalicia activou unha alerta vermella por refachos de vento do sur de ata forza 10 en mar aberto.

Será, nun principio, ata as 9 h; despois poderán ser de forza 9, que é a que, segundo a AEMET, poden acadar no resto da costa. Irán a menos a partir do mediodía. Prevense ondas de ata sete metros en case todo o litoral pontevedrés e coruñés, que poden chegar aos cinco na Mariña.

Incidencias

Esta noite derrubouse parte do tellado do Conservatorio de Santiago e voaron varios teitos en Vigo; tamén este martes caeu un dos laterais do pavillón deportivo do instituto da localidade coruñesa de Porto do Son, onde hoxe non haberá clase.

Caeron árbores en estradas como a AP-9, a A-52 ou a AG-56, en cidades como Pontevedra e en concellos como os coruñeses de Muros e Lousame. O desprendemento de cascallos da cornixa dun edificio abandonado da Rúa Reza, en Ourense, obrigou a cortala.

O Grupo Naturgy ten rexistradas arredor dunha trintena de incidencias por problemas na subministración eléctrica, sobre todo nas comarcas de Santiago e do Morrazo.

Ríos como o Verdugo ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponte Caldelas ou o Te en Rianxo están a piques de desbordarse se non o fixeron xa. En concellos como o coruñés de Neda están pendentes do Basteiro e o Belelle, mentres noutros como o de Negreira miran ao Tambre.

Desde o sábado, a Xunta mantén activado o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.