Artes plásticas, palestra e dramaturxia protagonizan na Pobra o inicio das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

08 Outubro 2024

A representación teatral Don Ramón María del Valle-Inclán. El de las barbas de chivo, a cargo de Teatro del Norte, marcou o inicio das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán no domingo 6.

“Durante estes días teremos propostas culturais de diversa índole co obxectivo de seguir poñendo en valor e divulgar o legado do escritor; todo un referente do modernismo e do esperpento”, declara a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

Nesta semana sucederanse tres novas actividades ao abeiro deste programa de actos. A partir do xoves 10, as escolas infantís súmanse á actividade Pinta a Valle-Inclán. Deberán aplicar calquera técnica plástica en ilustracións da autoría do artista Siro, coa posterior exposición na casa da cultura.

Haberá tamén unha palestra impartida polo investigador e neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán Alsina: O modernismo e as drogas. Serán o venres 11, ás 20.00 horas, no auditorio da biblioteca municipal.

E as artes escénicas regresan ás táboas do teatro cine Elma no domingo 13, ás 19.30 horas, con Los Cuernos de don Friolera, de La Quimera de Plástico, unha importante compañía de Valladolid. Trátase dun dos grandes títulos do cambio de estética e ideoloxía de Ramón del Valle-Inclán, escrito na Pobra do Caramiñal durante a súa residencia no casal do Mercé. No Museo Valle-Inclán pobrense consérvase a carta de envío do orixinal a Manuel Azaña para a súa publicación.

O outubro valleinclaniano componse dunha quincena de citas culturais con forte protagonismo da dramaturxia, das presentacións literarias e da tradicional conmemoración do nacemento do literato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.