O dA Trío de Narci Rodríguez presenta en Noia o seu novo traballo discográfico (este sábado no Noela)

04 Outubro 2024

O Coliseo Noela acolle este sábado 5 de outubro ás 20:00 horas a presentación do novo disco do músico local Narci Rodríguez coa súa proposta dA Trío, The Glitch: Suite of the sad young men.

As entradas están á venda en Ataquilla.com e o día do concerto no portelo do Teatro de 18:45 a 19:45.

Segundo explica Narci na súa web, The Glitch é un traballo totalmente diferente ás contribucións previas do músico noiés en canto a estratexia e temáticas contando con moitas colaboracións.

dA Trío nace no 2019 como concepto e idea por parte de Narci Rodríguez (vocais e baixos) en conxunción con Ilmarto (baterías) e Zalo Ródriguez (teclas e sintetizadores). Trátase dun traballo de autor en diferentes linguas con breve historia pero con moita proxección futura. dA trío preserva as boas formas do groove, as mesturas electro-acústicas e a procura da música como motor de concienciación humana..

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.