
O Centro Arqueolóxico do Barbanza, emprazado na contorna do Castro de Neixón (Boiro), vai acoller este sábado 5 de outubro unha actividade de divulgación para a rapazada de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Trátase dun Obradoiro de Petróglifos que ten o obxectivo de dar a coñecer entre as novas xeracións os segredos e detalles desta arte rupestre tan presente na nosa comarca, ademais de sensibilizar á rapazada sobre a necesidade de protexer estes tesouros históricos.
O obradoiro terá lugar o sábado 5 de outubro en dúas sesión de 45 minutos ás 11.30 horas e ás 12.45 horas. As rapazas e rapaces participantes terán a oportunidade de descubrir os petróglifos á luz dunha lanterna e realizar colgantes inspirados nos motivos da arte rupestre.
As prazas para participar son limitadas e as inscricións deben formalizarse a través do formulario dispoñíbel na páxina web do Centro.



