Esther Carrodeguas presenta o libro “Iribarne” este sábado en Rianxo

01 Outubro 2024

A autora rianxeira Esther F. Carrodeguas vai estar este sábado 5 de outubro na súa terra para presentar o libro seu Iribarne. Será ás 12.00 horas no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal. O acto inclúe a presentación propiamente dita e posteriormente un coloquio arredor da adaptación teatral de Iribarne levada a escena pola compañía ButacaZero, coa presenza da autora e produtora, acompañada do director da compañía Xavier Castiñeira e do concelleiro de Cultura Julio Alcalde.

Iribarne é un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí a este punto da nosa historia camiñando da man dun deses personaxes secundarios pero absolutamente imprescindíbeis da Fermosísima Historia desta España Miña (esta España Nuestra). En palabras da autora, é “o traballo máis difícil que escribín ata a época, e máis tendo en conta “o extenso da biografía de Fraga.

Carrodeguas engade que “foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, así como o lugar desde o que posicionarse”.

“Este personaxe é inabarcábel”, destaca pola súa banda Xavier Castiñeira nunha entrevista recente, engadindo que se ben entende o que fixo Manuel Fraga, “non entende desde onde o fixo e por que fíxoo”. Ambos salientan que pertencen a unha xeración, a da Transición, que creceu rodeada de “un silencio tácito ao redor da historia política recente”, e embarcarse neste proxecto axudoulles a entender de onde vimos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.