O luns chega unha nova fronte pola noite. O día será de ceos nubrados no oeste da Comunidade con chuvias febles na fachada atlántica, no resto os ceos alternarán as nubes cos claros. Pola noite as precipitacións irán estendéndose a todo o territorio. As temperaturas ascenderán sendo moderado o ascenso nas mínimas. O vento soprará do suroeste frouxo no interior, moderado no litoral, con refachos fortes entre Bares e Fisterra a últimas horas do día.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



