Aviso da Policía Local pobrense con motivo do desfile de Entroido

24 Febreiro 2020
Cedida

A Policía Local da Pobra do Caramiñal vén de anunciar que se ten programada unha operación na xornada de mañá, martes 25, con motivo do desfile de Entroido, afectando a varias vías e rúas da zona urbana, razón pola cal se procederá a cortar o tráfico nalgunhas delas en determinados horarios.

A operación de tráfico comezará ás 17.20 horas, recomendándose ás persoas condutoras que eviten utilizar vehículos pola zona urbana e que, no caso de dirixirse a outros municipios, empreguen as estradas alternativas coma, por exemplo, a AG-11 ou as que se atopan na periferia.

Desde o corpo policial piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.