O espírito do Entroido invade Arousa Norte

24 Febreiro 2020

Despois dunha intensa fin de semana continúa a festa na comarca da man da programación que se desenvolve con motivo do Entroido. Os disfraces e a música conquistan a rúa; mentres que as filloas, orellas e melindros fan o propio nos fogares.

Ribeira vibrará esta noite co concerto previsto, ás 00.00 horas, na carpa do Malecón a cargo do grupo Los Alcántara, achegando temas dos 60, 70 e 80. A continuación, a sesión Discomóbil tomará o relevo para amenizar a madrugada. Tamén cómpre salientar o concurso de disfraces de Entroido que se levará a cabo desde as 22.00 ata as 04.00 horas polos distintos locais participantes da hostalería. Haberá gratificacións económicas nas modalidades de individual, parella e grupo. O prazo de envío das fotografías para a deliberación do xurado é desde este mesmo día ata as 23.59 horas do 2 de marzo. Neste senso, repartiranse premios por valor de 2.500 euros.

Pola súa parte, Rianxo acollerá no seu Pavillón Polideportivo a actividade De-porte Choqueiro, organizada pola Concellería de Deportes, entre as 16.30 e as 19.30 horas.

A xornada de mañá focalizarase en numerosos desfiles e concursos. En Ribeira, coincidindo co festivo local, realizarase o Festival de Murgas e Comparsas, con saída do Auditorio municipal, ás 17.00 horas, acompañadas por numerosas charangas e personaxes desfilando por rúas Portugal, Romero Ortiz, Galicia, praza da Concordia, García Bayón, Malecón ata a carpa do Entroido na praza do Porto. O festival estará presentado polo dúo cómico formado por Pedro Brandariz e Fran Rei. En total, destínanse 6.000 euros -3.650 euros para as gratificacións e 2.350 euros para os premios-. A decisión recaerá nun xurado composto por seis membros: tres profesionais; a concelleira de Cultura, quen ostentará a presidencia do mesmo; un membro elixido ao azar entre o público; e un secretario.

Na Pobra do Caramiñal terá lugar un desfile que sairá ás 17.30 horas desde A Covecha ata rematar na rúa Castelao, onde se levará a cabo o concurso presentado polas humoristas Anabel Gago e Chelo do Rejo (A Quixota e Sancha Panza). Haberá numerosas distincións e, mentres o xurado delibere, Batukabras encargarase de que non decaia a diversión.

Tamén en Boiro se celebrará o xa tradicional desfile e concurso de disfraces e carrozas, no que se van repartir 3.000 euros en premios. A saída será ás 17.00 horas desde a praza do Concello.

E, en Rianxo, tocará participar noutro programa de obradoiros e xogos, a partir das 17.00 horas, na praza Castelao, concretamente na carpa do Entroido.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...