O full body incorpórase á oferta das escolas deportivas da Pobra para o curso 2024-2025

27 Setembro 2024

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal incorpora una nova disciplina ás escolas deportivas para o curso 2024-2025 que comezarán a partir do mes de outubro.

Trátase dunha actividade innovadora na oferta deportiva municipal: o full body. Esta modalidade de adestramento está destinada á poboación maior de 16 anos e pon o foco na activación da maior parte da musculatura, tanto do tren inferior coma do superior. Permite mellorar así o ton muscular e potenciar a axilidade, a mobilidade e a forza co uso de accesorios como pesos, bandas elásticas ou toning ball.

Con relación a esta novidade, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, manifesta que “este é un exemplo do compromiso adquirido por parte da Administración local de incrementar e diversificar a oferta deportiva para seguir así na senda de promover un estilo de vida activo e saudábel a través de distintas alternativas para a práctica deportiva. Deste xeito, as escolas deportivas contan no curso actual cunha vintena de disciplinas.”

Se ben o resto de clases iniciaranse na primeira semana do mes de outubro, esta arrancará no día 15 co obxectivo de dar marxe para as inscricións. Impartirase nos martes e xoves, dende as 17.30 ata as 18.30 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia. O prezo é de 40 euros por período de catro meses.

O formulario para a participación deberase entregar cuberto no rexistro xeral de entrada do Concello ou a través da sede electrónica municipal. O pagamento efectuarase unha vez confirmada a matrícula.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.