Os populares de Ribeira urxen a manter as axudas ao transporte público nos colexios concertados

27 Setembro 2024

O Partido Popular de Ribeira, a través da concelleira Juana Brión, achegou unha pregunta para ser tratada en pleno relativa á situación do transporte escolar dos centros concertados de Ribeira, unha cuestión que, segundo sinala a agrupación, xera incerteza entre “numerosas familias” ante “a falta de información” respecto da subvención para o transporte escolar, unha achega que “vén realizándose dende hai anos no noso concello do mesmo xeito que se leva a cabo cos centros públicos, facilitando así as medidas de axuda ás familias e á
conciliación”. O PP sinala que se trata “dunha medida que favorece a mobilidade urbana e evita o colapso de vehículos particulares nos entornos escolares ás horas de entrada e saída do alumnado”.

O grupo sinala na súa pregunta para ser tratada en pleno que “segundo nos trasladan as familias, dende a empresa que realiza o servizo normalmente enviouse un comunicado no que informaba que no presente curso non percibirían a subvención do Concello de Ribeira; e disto despréndese que o custe do servizo de transporte será máis elevado e ante situación inesperada xa son varios pais os que tiveron que prescindir do servizo ao non poderen asumir ese gasto”.

Para o PP de Ribeira, “todas as axudas que teñan que ver co ámbito da escolarización, por pequenas que parezan, en ocasións, en moitos dos casos, supoñen un desafogo nas familias que comezan un novo curso cheo de gastos e que cada vez demandan máis medidas enfocadas a conciliación”.

Ante o devandito, o PP lanza á Concellería de Educación as seguintes preguntas:

-En que situación se atopan as axudas ao transporte dos centros concertados?

-Van a quedar os alumnos dos centros concertados do municipio sen un servizo que ata agora tiñan subvencionado?

-En caso contrario, que alternativas se barallan para dar resposta a esas familias?

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.