A Pobra celebrou cunha nova andaina interxeracional o Día do Alzhéimer

26 Setembro 2024

O Centro de Día da Pobra do Caramiñal emprendeu un ano máis a andaina Os camiños da memoria con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora cada 21 de setembro.

Esta cuarta edición sumou máis dun cento de camiñantes, entre persoas usuarias, familiares das mesmas e profesionais do Centro de Día da Pobra, ademais de contar coa participación da Asociación Ambar, Asociación Misela, centro de día AGADEA e alumnado e profesorado do CEP Salustiano Rey Eiras.

A Concellería dos Servizos Sociais decidiu colaborar novamente con esta iniciativa que busca “visibilizar e concienciar sobre o alzheimer, ademais de sensibilizar sobre o impacto que ten non só na vida dos e das maiores que o padecen, senón tamén na do seu círculo próximo”.

Engadiu que resulta “imprescindíbel, polo tanto, poñer en valor tamén o importante compromiso das familias e persoas coidadoras. Precisamente, por todo isto, optouse por seguir traballando esta cuestión de maneira máis activa coa rapazada do referido colexio en formato de andaina interxeracional, pois son moitas as crianzas con avós e avoas, familiares na vellez, con esta doenza. E este tipo de experiencias axúdalles a comprender e achegarse mellor a esta realidade”, en palabras da edil Amparo Cerecedo.

Para facilita-la participación, a actividade realizouse no venres, 20 de setembro, con saída das inmediacións do centro de día pobrense para percorrer parte do núcleo urbano ata chegar ao teatro cine Elma, onde se desenvolveu un acto con lectura dun manifesto con especial énfase no agradecemento ás persoas coidadoras.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...