Abertas as inscricións para a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe (o 12 de outubro)

26 Setembro 2024

Este outono será unha estación de grandes acontecementos deportivos na contorna do Barbanza. Sen ir mis lonxe, o 12 de outubro disputarase a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe (Dodro) cuxas inscricións, segundo confirmou o Concello, xa están abertas.

Dende o Consistorio tamén confirmaron que as persoas participantes das categorías de base terán distintos circuítos en función da súa idade. As categorías absolutas disputarán un percorrido de 10 quilómetros.

A novidade de esta edición será unha proba de 5 quilómetros tamén para as categorías absolutas.

Como dixemos, xa está aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas poden formalizala na páxina web das Carreiras Galegas con data límite o martes 8 de outubro de 2024 ás 23.59 h.

O sábado 12 de outubro darán comezo as actividades a partir das 11.00 h dende a rúa Fortunato Cruces (Lestrobe) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA (Delegación de Santiago).

Esta carreira é unha proba oficial da FGA e pertence ó X Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...