Setembro remata en Rianxo con teatro, romarías (Hórreo Vivo de Araño) e festas relixiosas (As Dores en Rianxo)

25 Setembro 2024

O Concello de Rianxo, a través da área municipal de Cultura, compartiu a axenda de actividades desta recta final de setembro, sumando tamén as propostas das asociacións e entidades que teñen base no concello. haberá teatro, festas tradicionais (no Araño: Hórreo Vivo) e festas relixiosas (a Festa das Dores de Rianxo). O Concello tamén informou do comezo das actividades formativas e dinamizadoras das Aulas Socioculturais e Ocio Educativo.

VENRES 27 DE SETEMBRO

21:00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). TEATRO Preestrea da obra Cortello de amor a cargo da compañía AMORODIO TEATRO, creada en residencia escénica no Auditorio de Rianxo.

PÚBLICO: maiores de 12 anos. ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

SÁBADO 28 DE SETEMBRO

20:30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). TEATRO Representación das pezas Fracturas e Ergue O CU creadas ao abeiro do Proxecto ENTRE PALAV·BRAS coproducida polo CDG e ButacaZero

ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

VENRES 27 E SÁBADO 28 DE SETEMBRO – IV EDICIÓN do HÓRREO VIVO

No entorno da Carballeira e do Hórreo – O Araño

A cuarta edición de Hórreo Vivo, en Araño, inclúe actividades dirixidas a todas as idades. Comezarán na tarde do venres 27 e terá continuidade ao longo do sábado 28. Música, Teatro, Circo, Visitas guiadas, Degustacións, Monólogos, obradoiros, etc …. Organizan a Asoc. Cultural Carballeira de Baia e a Asoc de Veciños do Araño.

DOMINGO 29 SE SETEMBRO

Festa das Dores de Rianxo No marco da programación organizada pola Asoc. Irmandade da Paixón de Cristo, e ademais dos actos litúrxicos e procesión, terá lugar ás 13:00 h na Praciña un Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.

AULAS SOCIOCULTURAIS E OCIO EDUCATIVO – (Outubro a Xaneiro)

A Área de Cultura, ven de poñer en marcha unha nova edición do programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo, unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, coa finalidade de promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa, así como de ofrecerlles espazos de ocio creativo e contribuir a mellorar as súas competencias e habilidades persoais e socias.

As aulas ofertadas son Artesanías Creativas, Canto, Escrita Creativa e Gravado.

Prazo de inscrición: Do 23 de setembro ás 14:00 horas do 2 de outubro.   //   Formularios de inscrición: PINCHAR AQUÍ    //    Admisións: Cumprindo os requisitos de cada aula, por rigorosa orde de inscrición. //  Custo da matrícula: 50 €/aula. A participación farase efectiva unha vez entregada a documentación do abono nas oficinas da Área de Educación e Cultura.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.