Segundo Ecoloxistas en Acción a propietaria da mina de Touro quere verter preto de 1.500 millóns de litros de augas residuais e fecais á cunca do río Ulla

25 Setembro 2024

Ecoloxistas en Acción denuncia que a bacia do río Ulla, e o propio río, van sufrir un vertido de 1.440.000.000 litros de augas residuais e 535.000 litros fecais por ano. Isto ocurrirá se finalmente a Xunta de Galicia autoriza este vertidos ao dominio público hidraúlico a Explotaciones Gallegas. Esta empresa solicitante do vertido é a propietaria da mina de Touro xunto con Atalaya Mining, mineira que  ostenta os dereitos de explotación a través a empresa pantalla Cobre San Rafael.

Ecoloxistas en Acción

Sinalan que gran parte do vertido serán augas residuais industriais procedentes dos lavadeiros dos camións da planta de reciclaxe de plásticos de silos, augas do proceso de lavado de áridos ou augas residuais da actividade da planta de tratamento de residuos de lodos de depuradoras para a elaboración de tecnosolos. Todas esas augas serán vertidas ao río Pucheiras e aínda que a mineira di que serán previamente bombeadas a unha planta de tratamento de augas onde se tratarán químicamente, Ecoloxistas en Acción suma ao perigo dunha defectuosa ou insuficiente depuración que ditas augas arrastren metais pesados procedentes dos depósitos de estériles da antigua mina pechada hai máis de 30 anos sin plan de restauración.

“Tamén queren verter as surxencias bombeadas do depósito de estériles da mina, para manter o  nivel de cota da balsa de áugas ácedas do Vieiro nunha cota inferior a 303 metros, sin explicar cómo fixo ata o de agora con esas augas que sobraban na mesma balsa e que entendemos que van polo río Pucheiras dende hai anos sin autorización de vertido, coa excusa de que son escorrentías”, sinala Ecoloxistas en Acción.

Ecoloxistas en Acción tamén anuncia que trasladou á Fiscalía de Medio Ambiente as filtracións contaminantes do denominado humidal reactivo da corta de Bama. A organización ecoloxista denunciou que este humidal está sendo valeirado polos terreos da mina filtrándose ao subsolo sen ningún tipo de tratamento, nin impermeabilización. E que isto esta facéndose sen ningún análise previo das augas subterráneas para determinar qué danos se poden estar ocasionando. Estes feitos tamén foron postos en coñecemento do Xuzgado de Arzúa, onde se tramitan varios expedientes das múltiples denuncias que se acumulan en torno á mina de Touro polo dano continuado ao medio.

Ecoloxistas en Acción

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.