Rianxo celebra este sábado a súa II Xuntanza Cabalar de Ruta en Ruta

24 Setembro 2024

O alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, e os membros da Asociación Cabalar “De Ruta en Ruta” presentaron este luns 23 a II Xuntanza Cabalar de Ruta en Ruta que terá lugar o vindeiro sábado 28 de setembro. Segundo fixeron saber, grazas á nova edición (a segunda) deste roteiro máis de 300 persoas daranse cita en Rianxo para percorrer a cabalo distintas paraxes do territorio. O rexedor destacou a importancia de eventos destas características “que atraen a Rianxo a persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e que se converten en embaixadoras do noso municipio”.

O roteiro comezará ás 15.30 horas, previa reunión dos xinetes ás 15.00 horas en Taragoña (Campo Maneiro), e durante o percorrido levarán a cabo dúas paradas para o obrigado descanso. Pola noite, sobre as 22.30 horas celebrarase unha cea para as e os xinetes participantes. Logo haberá sorteos e animación musical con DJ Pablo Grande. Haberá duchas e área de acampada, segundo confirmou a organización.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.