O Partido Popular denuncia a parálise nas obras da Estación de Autobuses de Ribeira

23 Setembro 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira denunciou a parálise na que se atopa o equipo de goberno actual, evidenciada polas numerosas obras iniciadas polo anterior goberno das que non se ten información sobre o seu estado actual. Non se sabe se saíron a licitación, se se van a adxudicar ou se simplemente vanse a finalizar.

Un exemplo destacado, din, é a Estación de Autobuses, que estaba completada nun 90% no verán de 2023 e que, a día de hoxe, segue no mesmo estado. Tras rescindir o contrato coa empresa anterior, o goberno actual anunciou que finalizaría as obras con medios propios a través da brigada de obras, pero un ano despois, a situación non cambiou.

Nunha nota de prensa emitida en abril de 2024, mencionábase que o importe aproximado para completar as obras era de 4.000 euros, incluíndo “pequenos detalles” no exterior da caseta da zona de espera, que se pretende que albergue unha cafetería, un despacho de billetes e uns aseos, así como outras intervencións no interior. Con todo, en setembro de 2024, non se realizou ningunha modificación.

Por todo iso, o Grupo Municipal do Partido Popular presentou o seguinte rogo: “O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira solicita que se finalicen as obras da Estación de Autobuses coa máxima celeridade, incluíndo a cafetería, despacho de billetes e aseos, antes de que cheguen as choivas e entremos en pleno inverno”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.