As escolas deportivas da Pobra contarán con dezanove disciplinas no curso 2024-2025

23 Setembro 2024

A actividade deportiva seguirá a pleno rendemento na Pobra logo da tempada estival. Haberá competicións e, por suposto, un amplo programa de escolas deportivas que se reactivan no mes de outubro cun total de dezanove disciplinas para o curso 2024-2025.

“Despedimos o verán, pero non a actividade física. A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal ten un firme compromiso co fomento da práctica deportiva e un estilo de vida saudábel entre a veciñanza. Por iso, traemos as escolas deportivas municipais cunha variada e atractiva oferta para tódolos rangos de idade. E contamos novamente coa colaboración dos nosos clubs. Xa constatamos moi boa acollida destas clases dende o momento da apertura do prazo de preinscrición a mediados da semana pasada”, explicou este 23 de setembro, na presentación das escolas, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.

Con relación a isto último tamén se pronuncia a técnica municipal dos Deportes, Ana Romero, ao precisar que xa hai moitas prazas cubertas.

A área municipal dos Deportes xestiona directamente a educación física base-predeporte e o fútbol sala mixto para a rapazada. Coa participación de irmas e irmáns administraráselle un desconto do 50% ó/á segundo/a e será de balde para o/a terceiro/a.

Para as persoas adultas ofértase ximnasia de mantemento, pilates, camiñadas + estiramentos, camiñadas para maiores, ximnasia para maiores e baile, salsa e ritmo latino. Para este tramo de idade tamén se aplicará unha dedución: anotándose en pilates e outra actividade, o prezo bimensual será de 80 euros e, a terceira, gratuíta.

Coa implicación das entidades deportivas locais, a rapazada poderá practicar tamén artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa e tiro co arco.

O formulario para a participación deberase entregar cuberto no rexistro xeral de entrada do Concello ou a través da sede electrónica municipal. O pagamento efectuarase unha vez confirmada a matrícula.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...