Máis dun milleiro de persoas participaron na Andaina Solidaria de Noia

22 Setembro 2024

Este sábado 21 de setembro o bo tempo (e o inquebrantábel espírito solidario da veciñanza noiesa) acompañou finalmente a celebración da Andaina Solidaria Noia en Marcha Contra o Cancro, organizada pola pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e máis o Concello. A andaina, que se saldou cunha importante afluencia de participantes, tivo o seu punto de saída pola tarde dende a Alameda. O percorrido foi de tres quilómetros e tivo trazado circular: comezou na Alameda e rematou no mesmo punto.

As e os camiñantes (e tamén ciclistas e usuarios de patinetes e carros de nenos, ademais dun importante número de cans vestidos coa camiseta específica da camiñada) conformaron finalmente unha marea de verde de máis dun milleiro de persoas. A organización agradeceu o espírito solidario dos asistentes, que achegaron 8 euros (adultos) e 5 euros (nenos) para contribuír a loitar contra a lacra do cancro.

O Concello implicouse a fondo na iniciativa. Ademais de botar unha man coa organización, acudiron á cita o alcalde Santiago Freire e os concelleiros Santiago Rodríguez e Laura Salgado. Tamén se implicou un bo número de establecementos a través da patronal Noia Histórica, doando unha manchea de agasallos para a ocasión. A organización estimou unha cifra aproximada de máis de 8.000 euros recadados.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.