O Parque Nacional das Illas Atlánticas, elixido como un dos máis atractivos de Europa, segundo os usuarios de Jetcost

19 Setembro 2024

O Parque Nacional das Illas Atlánticas vén de ser elixido como un dos quince máis atractivos de Europa, segundo os usuarios de Jetcost. Foi seleccionado xunto con outros enclaves de gran relevancia natural e paisaxística, como o Parque Nacional de Doñana, en Andalucía, o Parque Nacional do Teide, nas Illas Canarias e o Parque Nacional dos Picos de Europa, en Asturias, Cantabria e Castela e León.

Explican dende Jetcost que “os parques nacionais son áreas naturais protexidas por cada país para preservar a vida silvestre e o medio ambiente natural” e que “existen máis de 500 parques nacionais en Europa, dos que unha decena están protexidos pola UNESCO e considerados Patrimonio da Humanidade, e neles é posíbel atopar picos de granito, bosques interminables de haxas, mananciais subterráneos e fervenzas espectaculares, animais salvaxes en liberdade e silencio abafador”. Son, sinalan, os lugares perfectos para un paseo tranquilo ou un reto deportivo.

Os usuarios do buscador de voos e hoteis valoraron desta volta os mellores parques nacionais de Europa e e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Galicia, é un deles.

Así o define o buscador:

Parque Nacional das Illas Atlánticas – Galicia (España)
Compartido polas provincias galegas da Coruña e Pontevedra, no extremo noroeste de España, atópase o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, no corazón das Rías Baixas, formado en parte polas illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora (Ribeira). Neste lugar onde auga doce e auga salgada conflúen créase un ecosistema único, repleto de vida mariña e terrestre. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os cantís e as matogueiras de toxo e breixo. No medio mariño, con fondos rochosos, son importantes as comunidades de bosques de algas pardas que acollen unha gran variedade de seres vivos.

Estes son os outros 14 parques nacionais máis atractivos elixidos polos usuarios de Jetcost.es entre os de toda Europa: o Parque Nacional de Plitvice – Lika (Croacia), o Parque Nacional de Doñana – Andalucía (España), o Parque Nacional dos Abruzos – Lacio e Molise (Italia), o Parque Nacional Dartmoor – Devon – (Inglaterra), o Parque Nacional da Peneda-Gerês – Norte (Portugal), o Parque Nacional do Val de Lauterbrunnen – Brena (Suíza), o Parque Nacional da Selva Negra (Alemaña), o Parque Nacional do Vatnajökull (Islandia), o Parque Nacional do Cilento e Valo di Diano – Campania (Italia), o Parque Nacional do Teide – Illas Canarias (España), o Parque Nacional dos Dolomitas Bellunesi – Véneto (Italia), o Parque Nacional de Écrins (Francia), o Parque Nacional dos Picos de Europa – Asturias, Cantabria e Castela e León (España) e o Parque Nacional de Durmitor (Montenegro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.