Camiño Escena Norte recala esta fin de semana en Outes co espectáculo “La casa de los dedos”

19 Setembro 2024

Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, chega por primeira vez a Outes esta fin de semana. Será co ciclo itinerante Constelacións, que permite que 15 compañías dos cinco territorios CEN xiren ao longo dun mes e medio por máis de 60 sedes.

A compañía cántabra El Conejo Salvaje, que aposta por unha creación interdisciplinar na que xunta as técnicas de clown, circo, comedia física e teatro cómico-xestual, recala en Outes este sábado, 21 de setembro, para presentar o seu espectáculo La casa de los dedos. A peza, dirixida a público adulto, presenta a historia dunha barraca de feira que, mentres percorre distintas vilas de España, “mostra o mundo sorprendente e extraordinario do oculto, do alén, das criaturas fantasmagóricas e inexplicábeis que viven entre a poboación, mais pertencen ao mundo dos mortos”, explican dende El Conejo Salvaje, que engade que “La casa de los dedos é unha proposta para esmendrellarse, que congrega sobre un escenario peculiar a tres creadores escénicos excéntricos e multidisciplinares co selo inconfundíbel da comedia xestual, chea de estupidez e provocación de Aitor Basauri, cofundador da compañía Spymonkey”.

As entradas para a única función de La casa de los dedos en Galicia, no marco do Camiño Escena Norte, e que terá lugar o día 21 a partir das 21.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Outes, pódense adquirir a través da plataforma web Bandoticket.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.