Avanza o xardín veciñal da Ribeiriña cunha segunda fase de intervención

13 Setembro 2024

O xardín veciñal na contorna do centro sociocultural da Ribeiriña medrará coa execución dunha segunda fase que se concentrará no sábado, 21 de setembro, a partir das 10.00 horas.

Trátase dunha actividade que organiza a Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal, para a cal volve contar con Agrofloresta Viva, que estivo representada por Rubén Escuredo, Ana de Diego e Cristina Valenzuela.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, sinalou que se continúa así na senda da rexeneración paisaxística desta zona a través da permacultura: unha forma de deseño de espazos sostibles. “Non só aprenderemos máis sobre a co-creación de áreas axardinadas con técnicas respectuosas co medio ambiente, senón que tamén se xera unha dinámica de comunidade e levan alternativas de ocio ao rural”, precisou a edil, quen tamén animou a toda a veciñanza a sumarse a esta xornada.

Xa ao longo dos meses de abril e maio se estivo traballando na fase de implantación coa introdución á xardinaría rexenerativa; o deseño e creación do xardín veciñal; a selección de plantas adaptadas, perennes e multifuncionais; biopreparados e compostaxe para horta e xardín; círculo de saberes e tradicións; plantación e acolchado; deseño participativo de próximas actividades; e xantar compartido.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.