Novo caso de familia en risco de ser desaloxada en Ribeira

12 Setembro 2024

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de compartir un novo caso dunha familia da comarca en risco de ser desaloxada da súa vivenda habitual. Segundo explica a plataforma, o Xulgado Número 2 de Ribeira comunicou a unha familia de Santa Uxía unha denuncia por desafiuzamento, interposta por parte da empresa Altamira Santander Real Está SA, por “falta de pagamentos de alugueiro”. A empresa, explican dende Stop Deshaucios, é unha gran propietaria que ten a obriga de garantir á familia un alugueiro social, se se demostra a situación de vulnerabilidade.

O Xulgado xa deu traslado do asunto ao departamento dos Servizos Sociais de Ribeira para a elaboración do correspondente Informe Social de Vulnerabilidade, por se procede a suspensión do procedemento e a garantía dunha alternativa habitacional.

Trátase dunha familia monoparental, cun menor a cargo, e o cabeza de familia percibe unha pequena pensión. A familia presentou a correspondente solicitude de Asistencia Xurídica Gratuíta para que lle designen avogado e procurador de oficio e así poida presentar a correspondente oposición ao desaloxo da vivenda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.