AGADEA ofreceu en Ribeira un adianto das celebracións do seu trinta aniversario (o 20 de setembro en Santiago)

11 Setembro 2024

Coincidindo coas celebracións do Día Mundial do Alzhéimer, a Asociación AGADEA Ribeira celebrou este mércores 11 un bingo solidario e comunitario na praza de España, a partir das 12.00 e baixo o lema Un día para lembrar.

Na cita participaron usuarios do Centro de Día de AGADEA en Ribeira (aproximadamente medio cento de persoas) e tamén autoridades locais como o alcalde Luís Pérez Barral ou o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño de Bricio, que cantaron algúns dos números do bingo ante as persoas participantes.

Ademais estiveron presentes representantes de entidades inclusivas de Ribeira e da comarca do Barbanza como A Creba e Ambar, que se sumaron a este acto de sensibilización sobre unha enfermidade que afecta a máis de 70.000 persoas en Galicia.

Tamén acudiu a presidenta de AGADEA, María Isabel Gey, quen lembrou que a asociación xa ten trinta anos de intenso traballo ás súas costas e que Ribeira é unha parte fundamental deste importante traballo. Tamén fixo un chamamento para participar nas actividades previstas para o día 20 en Santiago (a celebración das tres décadas da entidade no Teatro Principal da que falamos con máis detalle neste mesmo artigo).

O comercio local de Ribeira colaborou activamente na organización do evento, ofrecendo agasallos que se repartiron durante o bingo.

A cita do 20 de setembro

O próximo 20 de setembro, ás 19:30 horas, o Teatro Principal será o escenario da celebración do 30º aniversario de AGADEA Alzhéimer. O evento, baixo o lema 30 anos ao voso lado, será unha xornada chea de sorpresas e recoñecementos. Haberá autobuses gratuítos dende Ribeira (saída ás 17.45 dende a praza García Bayón- pasando por Rianxo) e dende A Estrada (saída ás 18.00h dende a praza do Concello).

Un dos momentos máis destacados da noite será o anuncio do gañador do Premio Simbad 2024. Tamén se renderá homenaxe ao labor altruísta, premiando á voluntaria sénior e xuvenil que máis destacaron ao longo dos últimos anos. Ao mesmo tempo se poderá gozar dunha actuación interxeracional, que simboliza a unión entre xeracións na loita contra esta enfermidade.

Tamén se recoñecerá como socio de honra ao neurólogo Alfredo Robles, un dos fundadores de AGADEA hai 30 anos, cuxo traballo e dedicación foron fundamentais para a creación e o crecemento da asociación.

A gala será conducida polo recoñecido actor Antón Coucheiro, que se encargará de levar o fío condutor dun evento que, ademais de conmemorar tres décadas de traballo, servirá para reafirmar o compromiso de AGADEA coas persoas afectadas polo alzhéimer.

A entrada ao evento é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...