Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados este mediodía dun accidente de tráfico acontecido na AP-9, á altura do quilómetro 83, en dirección cara a Santiago de Compostela, no termo municipal do concello de Padrón.
Na súa chegada había un vehículo implicado cunha persoa que resultou atrapada e outra persoa ferida que non estaba atrapada.
O accidente provocou o corte do carril.
No operativo participou tamén a Garda Civil, o GES de Brión e médicos do PAC.




