A sexta edición da Concentración Moteira Os Rebentapistóns celébrase novamente en Ribeira entre o 4 e o 6 de outubro

09 Setembro 2024

Este luns 9 de setembro presentouse en Ribeira a sexta convocatoria da Concentración Moteira Os Rebentapistóns, que terá lugar en Ribeira a primeiro fin de semana de outubro (4, 5 e 6). Segundo explicaron as persoas participantes na presentación, esta edición vén cargada de actividades inéditas aparte das homenaxes habituais. Ao acto de presentación acudiu, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o vogal da asociación, Andrés González, Aurora Gómez e Ángela Gude, representantes da asociación.

Andrés González debullou a extensa programación na que destacou a presencia dun espectáculo de stunt con Ricardo Arrepiado Team Stuntrider (dúas motos e un coche) no que fará acrobacias espectaculares; haberá dous pases o sábado 5. O programa tamén pon o foco na modalidade de backflip (saltos mortais cara atrás) “que nesta zona e a nivel de Galicia nunca se viu”, sinalou Andrés, engadindo que o espectáculo será a cargo de Pedro Torres e Marco Carvalho.

Ademais, haberá demostracións de freestyle, sesión vermú con música jazz, DJs, rutas moto-turísticas, xogos
moteiros, ruta nocturna con fachos, o espectáculo Circo del Fuego e un macro-festival con tráiler entre outros eventos.

Os organizadores agradeceron a colaboración do Concello e demais patrocinadores da concentración.

“Esta actividade cada ano vai a máis, xa é un referente dentro de Galicia e en toda a Península no referente ás concentracións moteiras e dende o Concello dámoslles os parabéns aos organizadores por adiantado polo éxito que vai a ser esta sexta edición”, afirmou Suárez-Puerta.

Pola súa banda, o rexedor Pérez Barral resaltou as sinerxías da organización co tecido local, polo número de patrocinadores e o carácter desestacional do evento e engadiu: “Mostramos o noso agradecemento a Reventapistóns por organizar a concentración en Ribeira e queremos seguir promovendo este tipo de actividades para que as persoas podan ter unha alternativa de ocio en datas de pouca afluencia e comercio local se beneficie da actividade”.

Quen precise máis información sobre esta quedada pode visitar a web do club organizador, que explicou na presentación que o obxectivo é superar a cifra de participantes do ano pasado, entre 8.000 e 9.000 motos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.