A frota palangreira galega poderá seguir pescando no Pacífico oriental ata 2026

07 Setembro 2024

A Comisión Interamericana de Atún Tropical acordou unha prórroga tras constatar a boa saúde das poboacións de túnidos nesta área

A  frota pesqueira española poderá seguir pescando no Pacífico oriental durante os próximos dous anos tras as decisións adoptadas pola Comisión Interamericana de Atún Tropical (CIAT), polas que se prolongan as medidas de regulación da pesca de túnidos.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación informa nun comunicado que a frota española é a única da Unión Europea que traballa nesta área e que, polo tanto, poderá manter as súas posibilidades de capturas.

En concreto, a medida beneficia a 38 buques palangreiros con base en Galicia e a catro cerqueiros do País Vasco que capturan bonito alistado, atún patudo e atún amarelo.

A CIAT decidiu a prórroga das medidas ata 2026 tendo en conta que se constatou a efectividade das medidas adoptadas hai dous anos en vista da boa saúde actual das poboacións do atún patudo e do bonito alistado.

En canto ao atún amarelo, acordouse que se reforzarán ou relaxarán as medidas en función dos resultados da avaliación do estado desta especie.

Medidas vixentes

As medidas vixentes no período 2022-2024 partían do modelo de xestión baseado en restricións do esforzo de pesca, coa limitación da capacidade e o número de días, e establecía unha veda de 72 días na área do convenio.

Con respecto ao sector do palangre (arte que consiste en deixar o aparello sobre o leito mariño), a comisión aprobou medidas para garantir unha liberación segura das quenllas vivas mentres continuará o estudo das poboacións de quenllas vulnerables.

O ministerio aduciu que isto é positivo para a frota española que captura especies de quenllas comerciais con stocks de poboación en bo estado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.