O Concello de Muros aproba axudas para as actividades de 11 entidades e proxectos culturais locais

06 Setembro 2024

O Concello de Muros fixo publica este venres 6 de setembro a concesión provisional, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais na vila neste ano. As axudas apoian as actividades de 11 entidades e proxectos locais: ADISBISMUR (obradoiro de teatro e musicoterapia); AC Ponte Vella (sábados interxeracionais); Xeitura Esteiro (intercambio de cultura galega con outras comunidades ou Portugal); AAVV A Ostreira (mantemento anual do Galeón), e a Asociación Agrocovo de Esteiro (actividades de música e baile tradicional).

Tamén hai axudas para a AC Coral Don Diego de Muros (viaxes e actuacións da coral); AC O Xeito (representación teatrais); ACRD Cabanas (actividades culturais da); ACD Comisión de Festas de Serres (actividades culturais da festa de San Xoán de Serres); Asociación Xubimar (actividade de pesca recreativa), e a asociación A Maceta de Muros (difusión dos saberes da cultura muradá).

O concello destina preto de 10.000 euros a estas axudas, “na súa maior parte para entidades que levan moitos anos traballando pola cultura de Muros”, asegura a concelleira de Cultura, Caridad González.

“Desde o Concello temos que apoiar ás agrupacións e proxectos que traballan para manter vivas as tradicións locais”, engade a alcaldesa, María Lago.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.