Regresan estes outono as andainas para coñecer o rico patrimonio cultural e natural de Outes

06 Setembro 2024

O Concello de Outes presentou unha nova edición do seu programa de andainas Coñece o noso patrimonio, con vistas a reivindicar os seus tesouros ambientais, paisaxísticos e culturais durante este outono que está á volta da esquina. A nova axenda inclúe catro andainas para residentes e visitantes e foi presentada nos seus detalles pola concelleira Soledad Agra.

Dende a histórica relación do concello co mar até o seu patrimonio industrial, pasando pola arquitectura eclesiástica e as paraxes de importancia ambiental, o programa de andainas de outono achegará información a todas as persoas participantes para coñecer polo miúdo todo o que agocha o concello.

Todas as andainas son os domingo con comezo ás 09:00 da mañá. A inscrición é de balde e pódese facer a través do teléfono 981 850 950, da Casa da Cultura de Outes ou da páxina web do Concello onde se atopa un formulario. Só se pode inscribir a partires do luns previo a cada andaina. Todos os percorridos teñen dificultade media.

O programa está composto polos seguintes roteiros: Paseo polo mor e o monte de San Cosme (o domingo 8 de setembro dende a igrexa de San Cosme, con 9 quilómetros de percorrido), De San Tirso á Catedral da Electricidade (o domingo 22 de setembro dende a igrexa de Cando, ás 9.00 horas, con 8 quilómetros de dificultade), Visita ás capelas e castro de Santo Ourente (o domingo 6 de outubro, dende a igrexa de Santo Ourenste con 8 quilómetros de percorrido), e A Santa Lucía por Entíns (o domingo 20 de outubro dende a igrexa de Santa María de Entíns, con 6,5 quilómetros de distancia).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...