Amicos, Carlos Mora, Elisabeth Caballero, a FAXPG e o Fondo de Cooperación, premios Distintivo Benestar Social 2024 do Concello de Boiro

04 Setembro 2024

O Concello de Boiro celebra este venres 6 de setembro a III edición do Distintivo Benestar Social, uns galardóns que teñen como finalidade recoñecer e promover a labor social e de voluntariado no municipio en entidades, persoas e empresas. O acto será público e terá lugar ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns.

O Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro naceu no ano 2022 coa finalidade de recoñecer e promover a labor social e de voluntariado no municipio, recoñecendo a persoas, entidades ou empresas que destaquen polas accións realizadas en beneficio da cidadanía.

Os galardóns divídense en seis categorías distintas que este ano premiarán á asociación local Amicos na categoría de Entidade Social; Carlos Mora Eiras en Superación e Exemplo; Elizabeth Caballero Reyes en Sector Empresarial; e a Federación Galega de Persoas Xordas (FAXPG) en Méritos Extraordinarios. Tamén se recoñecerá o labor do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O galardoado ou galardoada na categoría de Voluntariado será desvelado durante o desenvolvemento do acto.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.