O Concello de Curtis e Amicos asinan un convenio de colaboración en materia de inserción laboral e sustentabilidade

03 Setembro 2024

O Concello de Curtis asinou este martes, 3 de setembro, o seu primeiro convenio de colaboración coa Asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza especializada no apoio integral de persoas con discapacidade intelectual. Esta alianza contempla a cesión dunha parcela municipal para realizar labores forestais, ao tempo que se posibilita a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social, así como a realización de actividades de sensibilización ambiental.

O acto contou coa presenza do alcalde Javier Fco. Caínzos, e do director xeral do Grupo Amicos, Xoán España, ao que acompañou o coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas da asociación boirense, Keltoi Cameán. Durante a reunión, exploráronse as posibilidades desta primeira alianza, coa que a entidade pretende acadar tres obxectivos: a rexeneración natural da parcela, a integración sociolaboral de persoas con discapacidade
intelectual e a sensibilización da poboación sobre o coidado medioambiental e a inclusión social. Trala sinatura do acordo, o alcalde do municipio coruñés quixo destacar que “este convenio de
colaboración non só reforza o noso compromiso coa inclusión sociolaboral das persoas con
discapacidade, senón que tamén promove a preservación dos espazos verdes do noso concello
así como a sensibilización medioambiental. Este acordo é unha mostra de como, sumando
esforzos, podemos lograr un impacto positivo na nosa comunidade”.

Pola súa banda, o director xeral de Amicos mostrou “unha gran satisfacción establecer esta primeira alianza co Concello de Curtis, que esperamos se amplíe co paso do tempo. Este é un exemplo máis do importante que é que as entidades públicas e privadas sumemos esforzos para impulsar apostas dirixidas á construción dun futuro inclusivo e ecolóxico, no que tódalas persoas sexan actores activos, e no que as persoas con discapacidade son fundamentais”.

Trátase, engadiu, dun acordo para a preservación forestal, inclusión sociolaboral e sensibilización ambiental Así, a asociación boirense prevé comezar a finais deste ano coas labores de preparación, adecuación e reforestación na finca emprazada no lugar de Gulpilleira. A través destas accións, traballarase tamén para orientar, formar e inserir laboralmente a persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social nas Ecobrigadas, equipos cualificados e especializados en sectores como o forestal ou o mantemento de espazos verdes e xardíns, entre outros.

Outro dos obxectivos de Amicos para este acordo é a realización de actividades de sensibilización con escolares para concienciar á poboación sobre a importancia de preservar o medio ambiente e a necesidade de fomentar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual como cidadáns de pleno dereito.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...