A mostra pictórica “Juan” de Elena Fernández estará exposta na Casa da Cultura de Boiro en setembro

03 Setembro 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle durante o mes de setembro a exposición Juan da artista ribeirense Elena Fernández. A mostra ten como punto central (o fío condutor) oalzhéimer, que se conmemora o 21 de setembro. A exposición pictórica vai acompañada dunha narrativa na que o ciclo da existencia humana se ve fragmentado pola enfermidade do esquecemento. O alzhéimer, eixe da colección, guía as distintas fases da vida do protagonista da mostra conectándoas. Desta maneira a autora pretende a conexión entre o espectador e a súa obra mesturando a narrativa visual coa expresión literaria.

A mostra poderase visitar durante todo o mes de setembro na Casa da Cultura de Boiro, en horario de 8.30 a 15.45 horas ata o 15 de setembro e do 16 ao 30 de setembro tamén polas tardes en horario de 16.30 a 20.15 horas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.