A Policía Nacional detén en Ribeira a tres individuos como presuntos autores de catro delitos de roubo con forza e un de estafa

30 Agosto 2024

Axentes adscritos á Comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención de tres homes como presuntos autores dun delito de roubo con forza cometido nun local de hostalería sito na praia de Coroso. Tras acceder ao mesmo tras practicar un butrón, lograron subtraer diversas bebidas alcohólicas e comestíbeis.

Por outra banda, a un dos detidos impútaselle ademais a comisión doutros tres roubos con forza así como dun delito de estafa. Dous dos roubos foron cometidas nunha autocaravana, en datas diferentes pero cunha marxe de escasos días entre ambos os delitos, empregando o mesmo modus operandi. Tras escalar por un muro, o autor accedeu ao garaxe onde estaba a autocaravana, forzou unha xanela da mesma para entrar e subtraeu diversos electrodomésticos e efectos. O outro roubo cometeuno nun local de hostalería da praia de Coroso, accedendo tras forzar unha xanela, logrando facerse co diñeiro da caixa rexistradora e comestíbeis.

Respecto ao delito de estafa, tras subtraer o bolso a unha muller na vía pública, tentou utilizar unha tarxeta bancaria da vítima para extraer diñeiro nun caixeiro automático.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Tres de Ribeira, en funcións de garda, quen decretou o ingreso en prisión provisional dun deles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.