Licitadas pola Xunta as obras para a humanización da travesía de Palmeira de preto de 2,8 M€

29 Agosto 2024

A Xunta licita as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros.


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfiel e o Tenente Alcalde de Ribeira, Vicente Mariño informaron hoxe sobre esta actuación, cuxa
contratación recolle hoxe a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Tal e como subliñou María M. Martínez, trátase de transformar o treito urbano da estrada autonómica AC-305 que discorre por Palmeira nunha rúa, “adaptándoo aos diferentes contextos que atravesa, integrándoo e recuperando o seu carácter humano”.
A conselleira lembrou que se trata do proxecto redactado a partir dunha proposta deseñada polo fundación RIA, que despois o departamento que dirixe desenvolveu a nivel construtivo, para adaptar o espazo público da estrada AC-305, que discorre polo núcleo urbano de Palmeira, e que ten unha lonxitude de algo mais dun quilómetro.
M. Martínez Allegue indicou que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 24 de setembro. As obras contan cun prazo de execución de 15 meses.
Precisou que o proxecto que se licita hoxe, e que se acometerá no treito da AC-305 situado entre os puntos quilométricos 35+400 e 36+500, contempla novas beirarrúas, unha nova parada de autobús e nova iluminación.

“Un espazo mais humano e mais seguro para os peóns” en concreto, segundo indicou a conselleira, as actuacións proxectadas permitirán reducir a velocidade máxima permitida a 30 km/h, para o que se colocarán sinais de límite de velocidade e reducirase o ancho do carril.

David Chipperfiel apuntou como na intervención se priorizará a mobilidade peonil e se reforzarán as conexións transversais. Tamén haberá un xardín con céspede e flores que permitirá os percorridos transversais.
Ademais, indicou, mellorarase a accesibilidade das vivendas lindeiras, na medida do posible, con pasos e novas beirarrúas.
Vicente Mariño aludiu á colaboración do equipo de Goberno nesta intervención e á incorporación de calquera mellora que redunde nunha mellor calidade de vida para a veciñanza de Palmeira. E engadiu “dende o Concello estaremos pendentes ante calquera suxestión dos veciños/as e se lle trasladaran á consellería”.
Mariño puxo en valor a incorporación de zonas verdes neste proxecto; acción que se botou de menos na anterior intervención no porto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.