
Este luns 26 de agosto a xira autonómica da campaña de promoción dos nosos peixes e mariscos Galicia Sabe aMar fará unha parada na Alameda de Noia. A parada terá dúas quendas, unha ao mediodía (de 12:00h a 15:00h) e outra pola tarde-serán (18:00h – 21:00h).
A xira inclúe unha foodtruck dende onde a Consellería do Mar enxalza os produtos das rías galegas e pon o foco nos beneficios dos nosos peixes e mariscos para acadar unha dieta saudábel e equilibrada.
A campaña tamén é un xeito apoiar á xente do mar, incentivando o consumo do peixe e marisco.
Galicia sabe aMar é é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
En cada parada da xira os visitantes poden degustar algún dos moitos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.



