Alerta: Sanidade prohibe varios produtos adelgazantes polos seus posibles efectos graves na saúde

24 Agosto 2024

Estaban sendo comercializados como complementos alimenticios e no etiquetado ocultaban a súa verdadeira composición. Ditos produtos conteñen sibutramina, un principio activo que pode producir problemas cardiovasculares.

A Axencia Española do Medicamento prohibiu a venda de varios produtos queimagraxas e ordenou a súa retirada inmediata.

Os produtos retirados estaban a ser comercializados como complementos alimenticios pero, segundo alertaba a Axencia Española do Medicamento, no etiquetado ocultaban a súa verdadeira composición. 

Ditos produtos conteñen sibutramina, un principio activo que proporciona unha sensación de saciedade e un aumento do gasto calórico, pero que ademais pode producir efectos adversos na saúde de tipo cardiovascular. 

A sibutramina pode causar arritmias, cardiopatías isquémicas e accidentes vasculares graves, entre outros efectos adversos.

A Unión Europea suspendeu a comercialización deste principio activo xa desde o ano 2010.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.