A parroquia boirense de Bealo vai celebrar entre os días 30 de agosto e 3 de setembro as súas festas na honra de San Ramón coa tradicional romaría que cumpre 267 anos de historia. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa dos festexos xunto con Alexandra Bermúdez e Ismael Rial, membros da comisión de festas.
O venres día 30 comezarán os festexos coa subida dos santos dende a igrexa ás 12.00h, misas e verbena co Grupo Máster e Disco Móvil CDC. O sábado 31 celebrarase a tradicional romaría popular que este ano cumpre 267 anos de historia e na que haberá misas, sesión vermú coa orquestra Alianza, bailes rexionais e verbena con Alianza, The Cuncas e Pili Pampin co seu grupo.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu “o gran traballo da comisión de festas para continuar con estes festexos do San Ramón, un día grande para o noso municipio no que participa xente de todas as idades e que son tamén os máis lonxevos”.
O domingo 1 de setembro protagonizarán a verbena Claxxon e grupo Montreal; o luns as orquestras Salsa Arena e Unión y Fuerza serán as encargadas da parte musical.
Os festexos rematarán o martes día 3 coa verbena con París de Noia e Trebol. Xa o domingo día 8 celebrarase o tradicional San Ramonciño pequeno con polbeiras a prezos populares e grupos tradicionais.
“Buscamos con este programa que sexa o paradigma da verbena galega, mesturando as polbeiras con grupos tradicionais e da zona, orquestras e tamén disco móbil, pensando en opcións para todos os grupos de idade”, afirmou Alexandra Bermúdez.
Pola súa parte Ismael Rial agradeceu a implicación de todos os patrocinadores e veciños porque “sen eles non sería posíbel levar adiante a festa”.
Programa
Venres 30 de agosto
12.00h – subida dos santos (procesión dende a igrexa ata San Ramón)
12.30h – misa cantada na honra de San Gregorio
21.00h – novena e misa na honra de San Ramón
Verbena con Grupo Máster e Disco Móvil CDC
Sábado 31 de agosto
9, 10, 11 e 12h – misa na honra de San Ramón
13.00h – misa solemne na honra de San Ramón
Sesión vermú coa orquestra Alianza
19.00 e 21.00h – misa cantada a San Ramón
Verbena con Alianza, The Cuncas e Pili Pampin
Domingo 1 de setembro
12.00h – misa cantada na honra de San Roque
Verbena con Claxxon e grupo Montreal
Luns 2 de setembro
12.00h – misa cantada na honra da Virxe das Dores
Verbena con Salsa Arena e grupo Unión y Fuerza
Martes 3 de setembro
12.00h – misa cantada na honra da Virxe da Milagrosa e baixada dos santos á Igrexa
Verbena con Paris de Noia e Trebol
Domingo 8 de setembro
12.00h – misa cantada na honra de San Ramón
Grupo de gaitas
Polbeiras
15.00h – actividades para nenos



