Santa Uxía e a Dorna festivos locais 2025 en Ribeira. Toma posesión Juana María Brión como concelleira do PP

22 Agosto 2024

Hoxe aprobouse no pleno extraordinario os festivos locais, a toma de posesión da nova edil do PP, Juana Maria Brión Santamaría, a aprobación da segunda fase do POS+ adicional e finalmente e tamén aprobada de urxencia a constitución e adhesión da “Asociación Comunidade Enerxética de Ribeira”.

Determinación dos festivos locais

Os festivos locais para o 2025 aprobados foron o día da Dorna (24 de xullo) e o de Santa Uxía (12 de setembro).
Nun pleno extraordinario, tódolos grupos da Corporación argumentaron as súas propostas e posicións; a proposta do goberno local establecía os festivos para a Dorna e Entroido pero finalmente aprobouse por once votos a emenda presentada polo Partido Popular, dez do Partido Popular máis un do PPBI fronte a sete en contra de BNG, PSOE e do edil Juan Furones e tres abstencións dos edís Vicente Mariño, Herminia Pouso e Tania Redondo.
O PBBI presentou unha emenda que propuña como festivos locais o Martes de Entroido e Santa Uxía, emenda que foi desestimada por 17 votos en contra de PP, BNG, PSOE, do edil do PBBI Juan Furones, unha abstencións da edil do PBBI Tania Redondo e tres a favor dos concelleiros do PBBI Vicente Mariño, Herminia
Pouso e Fernando Abraldes.

POS+ adicional

Tamén saíu adiante por unanimidade a aprobación do POS+ Adicional 2/2024 na segunda fase da Deputación da Coruña cunha achega de case 600.000 € dos cales 420.000 € adicaranse a gasto corrente e 107.000 € da Deputación máis 71.000 € de achega do Concello para a pavimentación da rúa Castelao de Aguiño.

Proposición de urxencia “Asociación Comunidade Enerxética de Ribeira” Por unaminidade aprobouse esta proposición de urxencia que consiste en poñer as bases para a constitución dunha asociación enerxética en Ribeira para seguir avanzando ca axenda 20-30 marcada UE pola descarbonización e a xeración de enerxías renovables co respectivo aforro de enerxía nas dependencias municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.