Boiro recibe unha subvención de 45.000 euros para mellora do bombeo e minimizar as perdas de auga

22 Agosto 2024


O Concello de Boiro recibe de Augas de Galicia unha subvención por importe de 45.000 euros para a mellora de bombeo da auga potable no lugar de Brazos e minimizar perdas de auga. O proxecto que se vai levar a
cabo ascende aos 81.685 euros e as actuacións atópanse xa en fase de licitación.
O obxectivo desta liña de subvencións é axudar ás entidades locais a executar obras para minimizar as perdas de auga no sistema de abastecemento municipal, contribuíndo así aos obxectivos medioambientais. As actuacións que se pretenden levar a cabo consisten na instalación dunhas bombas coa potencia necesaria para o bombeo dende a estación ata a depuradora de auga potable.
Tal e como se recolle na auditoría realizada polo Concello de Boiro encamiñada á elaboración dun Plan de Actuacións para Minimizar as Perdas de Auga, na actualidade a instalación da captación de Brazos está
obsoleta, con bombas en mal estado con máis de 30 anos. O sistema de impulsión carece de variadores de frecuencia que permitan regular os volumes impulsados, o que producen un elevado consumo eléctrico e
numerosas avarías. O importe total da licitación ascende aos 81.685,68 euros e as empresas interesadas en formar parte do proceso poden presentar xa as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro 9 de setembro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.