O Concello de Boiro colabora coa VII Travesía a Nado Illa da Bensa, que terá lugar o vindeiro sábado día 24 de agosto na Praia de Carragueiros. Na presentación da proba, que tivo lugar esta mañá, estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o director técnico do Club de Natación, Carlos Brión; o adestrador do club, Brais Nieto; e Miriam Santiago, do departamento de Relacións Institucionais de Jealsa.
A proba será a sexta etapa do Circuíto Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas. “Esta proba é a esencia da natación e é moi bonita para desputar e tamén para ver ao celebrarse nun entorno natural inmellorable, por iso dende o Concello de Boiro apoiamos a este e demais clubs deportivos nas probas que organizan e que van moito máis alá do ámbito deportivo”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.
O director técnico do Club, Carlos Brión, explicou o desenvolvemento da proba que vai constar de tres distancias distintas en función das categorías: 3.500, 1.000 e 200 metros. “Contaremos con 170 persoas entre
as distintas categorías e con deportistas que se van disputar os primeiros postos”, afirmou.
Pola súa parte, Miriam Santiago, do departamento de Relacións Institcionais de Jealsa destacou o gran traballo do Club de Natación: “Para Jealsa es un gusto apoyar a todos los clubs deportivos en las actividades que organizan por la importancia de los valores que el deporte aporta en las distintas etapas de nuestra vida”.




