O proxecto Bitácora chega ás oficinas de turismo de Barbanza-Arousa para poñer en valor as artes de pesca tradicionais

21 Agosto 2024

As costas galegas son un dos destinos estrela do verán para moitos visitantes, que veñen buscando relax e bo tempo. Con isto en mente, o proxecto Bitácora, impulsado pola Asociación Amicos, achegouse ás distintas oficinas de turismo do xeodestino de Barbanza – Arousa, para darlles a coñecer a historia e o menor impacto
no medio ambiente das artes de pesca tradicional da zona a través de material informativo. A iniciativa está financiada polo GALP Ría de Arousa a través da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).
Así, este verán os amicos Yassin e Adriana achegáronse a distintos puntos de información turística para explicar en que consiste ‘Bitácora’ e deixar trípticos, postais e carteis informativos ao alcance dos visitantes. Nestes non só se explican as principais artes de pesca artesanais utilizadas na zona, tamén se enumeran os beneficios fronte a outros tipos de pesca, así como os desafíos aos que se enfronta na actualidade.
Información que se amplía na web do proxecto, www.amicos.org/bitacora/.

Dita información está disponible nas oficinas de turismo de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.
Así como nas oficinas da GALP Ría de Arousa e da Fundación de Deportes, ambas no Recinto Fexdega de Vilagarcía de Arousa.
Esta acción súmase aos obradoiros e visitas realizadas dende finais de 2023 ao abeiro deste proxecto, que ten como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o sector pesqueiro, fortemente ligado á zona, e como este leva a cabo prácticas para garantir que poidamos desfrutar do mar e os seus froitos, tanto no presente como de cara ao futuro.
Proxecto Bitácora
A iniciativa arrincou cunhas xornadas para coñecer o funcionamento do distintos aspectos do sector pesqueiro da man de profesionais do mesmo. Como as visitas realizadas ás lonxas de Aguiño e Cabo de Cruz para coñecer o seu funcionamento, ou os distintos obradoiros nos que participaron os amicos e amicas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.