Detectada a venda de cornos de mar protexidos en Ribeira e O Grove

17 Agosto 2024

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia que se están comercializando cornos de mar, unha especie protexida desde 2011 que se pode atopar nas nosas augas, aínda que cada vez é máis escasa. Este caracol mariño vendeuse nos últimos anos incluso nalgunha lonxa, como animal enteiro e a cuncha é frecuente vela exposta nos mercados ambulantes de recordos, como os do Grove.

O corno de mar, tamén coñecido como bucino ou buguiña é unha especie dos nosos fondos mariños pero cada vez é máis difícil atopalo debido a dúas amezas principais: a captura para aproveitar as cunchas ou a venda para consumo tamén da súa carne, normalmente para fóra de Galicia. 

Este sábado nos postos do Grove só había cunchas de caracois legais, importados e con permiso de venda. Pero a Sociedade Galega de Historia Natural constatou a comercialización das buguiñas aquí en días pasados. 

Detectouse inicialmente a súa venda ambulante como recordo no Grove e despois detectouse a venda tamén de exemplares completos na lonxa de Ribeira.

Insisten na necesidade de que se faga unha campaña de divulgación, no ámbito da pesca e no da sociedade xeral, para que recoñezamos e protexamos a especie e evitemos mercar produtos ilegais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.