Adrían Mosquera recibido polo Concello de Rianxo antes da súa participación nos Paralímpicos de París

14 Agosto 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu este martes 13 de agosto ao padexeiro rianxeiro Adrián Mosquera, antes da súa participación nos Xogos Paralímpicos de París 2024. O rexedor destacou que Adrián chega a París “nun momento fantástico” e loitará por dar a Rianxo a súa primeira medalla olímpica.

Como lembraremos, o pasado mes de decembro o rexedor e o deportista rianxeiro formalizaron o contrato de patrocinio deste último coa finalidade de acompañalo no seu camiño cara os Xogos Paralímpicos de París 2024 (do 20 de agosto ao 8 de setembro).

Na formalización do contrato, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Julio Alcalde, Adrián loitará por unha medalla o próximo setembro, logo de clasificarse no Mundial de Duisburgo de Piragüismo. Segundo fixo saber o rexedor, grazas a Adrián “o nome de Rianxo estará presente en París da man dun dos nosos deportistas máis laureados. Desexámoslle a maior das sortes e moito ánimo para estes meses de preparación”.

A do verán de 2024 será a segunda ocasión en que Adrián estea presente nuns Xogos Olímpicos, logo da súa participación nos de 2021, en Toquio, que foran adiados por mor da COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.