Este xoves celébrase en Ribeira a XXIX Travesía a Nado “Praia de Coroso”

13 Agosto 2024

Este martes presentouse a XXIX edición da Travesía a Nado “Praia de Coroso”; acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira, María Villar, o adestrador do club, Juan Carlos Ageitos máis persoal técnico do Concello.
A travesía vaise a celebrar o vindeiro xoves 15 de agosto onde a recollida de dorsais será de 9:30 a 10:45 horas, o comezo das probas ás 11:11 h e a entrega de premios ás 13:30 horas. Juan Carlos Ageitos informou das categorías por ano que corresponden a benxamín, alevín, infantil, xunior, absoluta, Master 1, Master 2, e Master 3; e dos percorridos que van a ser de 2.500 m, 1.250 m, 400 m e 150 m (non competitiva) perimetrados por boias e balizas.
María Villar, a presidenta do Club quixo agradecer ao Concello de Ribeira e a concellería de Deportes pola colaboración na travesía a nado e noutras probas que se fan durante o ano. Villar destacou con respecto a esta edición que están moi contentos cas inscricións xa que o ano pasado tiveron un total de 103 participantes e ao día de hoxe cas inscrición pechadas un total de 173, comentou que “hai moita xente chamando aínda para participar e que buscaremos a maneira para facilitar estas demandas” engadiu.
Anunciou tamén que haberá premios en metálico para os participantes, sorteos e quixo agradeceu a colaboración de Protección Civil, ao comercio local e entidades colaboradoras que fan que a travesía sexa unha realidade.
Xabier Vidal agradeceu a colaboración de Protección Civil e ao Club de Natación Ribeira pola organización desta travesía que xa é todo un clásico no calendario galego “esta proba, que se celebra anualmente xa fai case tres décadas, de feito é a XXIX edición, convoca a nadadores/as de tódalas idades e niveis para percorrer unha distancia segundo a súa categoría ao longo da praia de Coroso” sinalou.
Tamén destacou o ton familiar, o nivel da competición, a contorna natural e que é un evento que atrae tanto a nadadores locais coma a participantes de outras rexións ou paises (Portugal). “Dita travesía é un referente no calendario de competicións de natación nas augas abertas de Galicia que de feito é unha das 10 travesías ,máis antigas de Galicia. Todos estes elementos, fan que a travesía non só sexa un desafío deportivo, senón que tamén é unha celebración local apreciada tanto polos participantes coma polos espectadores”, concluíu.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.