O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores do vindeiro curso

12 Agosto 2024

O Concello de Outes abriu o prazo de inscricións para o servizo de madrugadores relativo ao curso 2024-2025. Trátase dun recurso de conciliación, de acollida e de coidado, no que as/os menores poden almorzar. As familias deberán achegar os alimentos diariamente en termos ou envases adaptados a este fin.

Levarase a cabo durante todo período lectivo, en horario de 7:50 h da mañá ata o inicio das clases. As familias farán uso do mesmo, en función das súas necesidades de conciliación, pero deben incorporarse ó mesmo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar.

O inicio da prestación do servizo será o primeiro día do calendario escolar 2024-2025, o 11 de setembro.

O servizo está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional. As prazas son limitadas.

Quen precise máis información tena na web municipal de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.