A Asociación de Empresarios de Ribeira e o Concello inauguran a nova edición de Viamare Stock

09 Agosto 2024

Este venres 9 de agosto abriu as súas portas a nova edición da feira ribeirense de oportunidades Viamare Stock, organizada unha vez máis pola Asociación de Empresarios de Ribeira co obxectivo de “reivindicar o comercio local de proximidade”.

Francisco Martínez Gude, Luís Pérez Barral e Vicente Mariño de Bricio na inauguración da feira (fotos de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira)

O acto formal de inauguración celebrouse ao mediodía e contou coa presenza do presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, acompañado de varios representantes do seu equipo directivo e do Concello (o alcalde Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde Vicente Mariño de Bricio, ou a concelleira de Economía e Emprego, Genoveva Hermo), entre outras autoridades e representantes do tecido empresarial e político.

A feira desenvólvese na explanada do porto de Ribeira até o domingo, baixo o lema Xuntos avanzamos, e coa participación dun destacado número de comercios locais achegando os seus principais produtos e promocións a veciños e visitantes: un total de 23 establecementos de proximidade.

Carpa con ofertas e promocións

A XIX edición de Viamare Stock celébrase unha vez máis nunha carpa habilitada na explanada do porto de Ribeira (o malecón) e, como dixemos, conta coa presenza de 23 establecementos locais achegando as súas mellores ofertas e promocións, cada un deles co seu espazo individual personalizado (jaimas). Celebrarase dende o venres 9 até o domingo 11 de agosto en horario ininterrompido de 11 a 22 horas (venres e domingo) e de 10 a 22 horas (sábado). Contará unha vez máis co apoio do Concello de Ribeira.

Conta coa presenza dos seguintes comercios:

Complementos: Gena´s e Xade.

Deportes: Deportes Estévez, Champion Sport, Náutica A Poutada de Podium Sport.

Zapataría: Chinela e Chaira.

Zapataría infantil: Joscar.

Óptica: Federópticos Filgueira e Martínez.

Moda: El Tocador de Mujer 21, Rule´s, Ribalá Multimarca, La Urbana Store, Lolita Moda e Mmagoe.

Moda infantil: Lunares en Mayo, Rovi, El Palacio del Bebé, Lolita Kids, Lápices de Colores e Trastiños.

Lencería: Vensuca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.