O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e A-

09 Agosto 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda a doar sangue, especialmente dos grupos A positivo e A negativo, ao atoparse en nivel baixo.

Ademais, os grupos 0 negativo, 0 positivo, B negativo e B positivo están en nivel normal e os grupos AB positivo e AB negativo en nivel bo.

ADOS advertiu de que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.

Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.

Por outra banda, a ADOS leva este luns ata o concello de Muros a campaña especial de doazón ‘Somos olímpicos’. Por tanto a unidade móbil estará estacionada durante esa xornada diante do Concello das 10.00 ás 14.00 horas e das 16:15 ás 21:00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.